O 54% das empresas galegas innovadoras considera "aceptable" a infraestrutura científico-tecnolóxica

Actualizado 02/07/2009 21:15:00 CET

VIGO, 2 Jul. (EUROPA PRESS) -

O 54 por cento das empresas galegas que desenvolve actividades de innovación considera "aceptable" a estrutura científico-tecnolóxica existente na comunidade, se ben a maioría cre que o alcance dos seus servizos debería estenderse.

Así o conclúe o 'Informe Innova 2009, Capacidade de I+D+i das empresas galegas' realizado pola consultora galega Innova e o grupo de investigación Rede da Universidade de Vigo. O traballo, presentado hoxe na cidade, analiza as capacidades empresariais requiridas para abordar actividades innovadoras, tras consultar a 50 compañías galegas --que desenvolven algún proxecto que implique innovación-- de 14 sectores diferentes.

A análise explica que o 54 por cento das sinaturas enquisadas cre que existen mecanismos públicos de financiamento que responden dunha forma axeitada ás súas necesidades, aínda que afirman que as tramitacións son "lentas" e a dotación é "insuficiente". En todo caso, consideran "clave" que existan este tipo de recursos para poder desenvolver innovación.

Ao respecto das entidades financeiras que contan con instrumentos para para financiar I+D+i, a metade das empresas consultadas colócaas en liña coas necesidades empresariais e estima que son fiables.

Os aspectos relacionados coa innovación aos que se outorga unha maior importancia son os de carácter interno, como a cultura e o liderado innovador. Non obstante, a implantación deste factor é de só o 10 por cento.

Outros aspectos que os empresarios innovadores consideran relevantes son a estratexia e a visión, só instaurado no 8 por cento dos casos, e os recursos financeiros propios, que só consigna o 19 por cento dos enquisados. A este respecto, o estudio destaca a necesidade de "cambiar o concepto da innovación", non como "gasto", senón como "inversión".

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies