Agestic forma especialistas en tecnoloxía para solucionar o "déficit" de persoal cualificado no sector TIC

 

Agestic forma especialistas en tecnoloxía para solucionar o "déficit" de persoal cualificado no sector TIC

Actualizado 04/10/2008 21:25:25 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 4 Oct. (EUROPA PRESS) -

A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxía e Información (Agestic) desenvolve cursos de especialización, dentro do seu Plan Formativo, para proporcionar ás empresas do sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) os mellores profesionais que cubran as súas demandas de persoal cualificado.

Agestic detectou un "importante número" de ofertas que quedan vacantes neste sector pola falta de persoal cualificado con coñecementos de programas e aplicacións de uso común nas empresas pero que os licenciados en enxeñaría informática descoñecen.

Con este programa formativo preténdese poñer en valor os coñecementos básicos destes profesionais e adaptalos ao mercado laboral para favorecer a súa inserción no mercado, esperando que a maior parte dos participantes rematen cun emprego a súa formación.

La actualidad más visitada en EuropaPress logo: La actualidad más vista
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies