As bibliotecas universitarias galegas lanzan un metabuscador con acceso aos seus recursos dende un só portal

Actualizado 20/04/2009 19:45:39 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA , 20 Abr. (EUROPA PRESS) -

As bibliotecas do Sistema Universitario de Galicia incorporaron entre os seus servizos un novo portal de acceso e busca nos múltiples recursos de información dos que dispoñen. O metabuscador permite o acceso simultáneo aos seus recursos dende un só portal.

Así, segundo explicou hoxe a Universidade de Santiago (USC), a plataforma Pórtico inclúe entre as súas ferramentas un metabuscador que permite a organización, diseminación, recuperación e acceso á información académica nun ambiente heteroxéneo de revistas e bases de datos electrónicas, libros, catálogos bibliográficos e outros recursos en Internet.

O servizo permite coñecer, segundo indicou a USC, os recursos dispoñibles nunha determinada área de coñecemento e lanzar sobre eles consultas simultáneas, ver os resultados de modo unificado e enlazar ao texto completo se dispón del.

Entre o material susceptible de consulta inclúense revistas, libros, bases de datos, catálogos bibliográficos, tese, patentes, normas, enciclopedias ou dicionarios electrónicos, entre outros.

Pórtico inclúe, ademais, un xestor de enlaces, o SFX, aplicación que permite integrar compoñentes da biblioteca dixital mediante unha tecnoloxía de xeración dinámica de enlaces. Tamén permite avaliar a calidade, a rendibilidade e o equilibrio da colección de recursos electrónicos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies