A Asociación de Veciños do Ensanche da Coruña poñen en marcha un blog "para interactuar" coa poboación

Actualizado 16/06/2008 18:47:56 CET

A CORUÑA, 16 Jun. (EUROPA PRESS) -

A Asociación de Veciños do Ensanche da Coruña puxo en marcha un blog para "interactuar" cos socios e a poboación coruñesa en xeral e que ofrecerá noticias de interese xeral, á vez que permitirá enviar achegas e suxestións.

O presidente da asociación, Gerardo Crespo, sinalou que os seus ao redor de 200 membros "sempre loitaron" pola participación dos cidadáns "que agora é moito máis sinxelo grazas ás novas tecnoloxías".

No blog, os ao redor de 40.000 habitantes do barrio e os coruñeses en xeral poderán opinar sobre varias enquisas, votar e ver os resultados. Ademais existe un álbum de fotos cos gañadores do premio Coruñés del Año e do concurso Mellora a túa Cidade de cada edición, ademais de noticias de actualidade e de arquivo.

A páxina (www.avelensanche.blogspot.com) conta co patrocinio de Caixa Galicia e Gadis e comezará a súa andaina cunha enquisa sobre a peatonalización da rúa Juan Florez, unha das principais arterias da cidade.

Ao respecto Crespo considerou que é un soño "posible, pero que non está nin empezado" que permitiría "gañar moito á zona e dar calidade de vida aos seus veciños". Para iso propoñen que o tráfico se desvíe por un túnel subterráneo e que a rúa sexa só para peóns e autobuses.

Así considerou que na zona se desenvolveron "dous experimentos" ao respecto, a peatonalización da praza de Lugo e a de Vigo, "que non provocaron grandes prexuízos para o tráfico e melloraron moito a vida dos veciños".

Outro dos temas que máis preocupan a esta asociación é o botellón e os locais nocturnos, en especial afters, que "impiden ou dificultan o descanso dos veciños". Crespo mostrouse "esperanzado" pola ordenanza que porá en marcha o Concello en xullo para regular o ocio nocturno pois considerou que será "un paso fundamental para empezar a combater estes problemas".

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies