Empresarios de novas tecnoloxías explicarán hoxe en Ferrol as últimas novidades do sector

Actualizado 05/10/2007 11:31:47 CET

FERROL, 5 Oct. (EUROPA PRESS) -

A I Xornada Tic Ferrolterra, organizada pola Asociación TIC (Empresas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación), contará coa participación de dez empresas que mostrarán hoxe en Ferrol as últimas novidades do sector.

A apertura da Xornada será ás 9.45 horas e correrá a cargo do vicepresidente da Deputación coruñesa, Pablo Villamar, e o presidente da Asociación TIC, Manuel Míguez. A partir das 10.00 e as 19.30 horas, en dúas salas paralelas, os representantes das empresas participantes realizarán a súa presentación de media hora de duración, e contestarán ás preguntas dos asistentes.

ÁS 16.45 horas terá lugar o relatorio especial do presidente da empresa galega Bluesens, José Ramón García, Premio Nacional Novo Empresario do ano 2007, quen realizará unha reflexión sobre o mundo das novas tecnoloxías.

Os asistentes á xornada, que será aberta e gratuíta, poderán coñecer a fondo aplicacións de software libre, mundos virtuais ou servizos de "intelixencia empresarial".

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies