O primeiro cómic interactivo en España para IPhone e Ipod Touch será presentado hoxe en Santiago

Actualizado 29/12/2009 9:37:39 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 29 Dic. (EUROPA PRESS) -

O Edificio Emprendia da Universidade de Santiago (USC) acollerá hoxe o lanzamento de IMotion Cómic, un formato innovador de cómic dixital para IPhone e IPod Touch en España que incorpora animacións, opcións de idioma, banda sonora, efectos especiais e todos os recursos necesarios para facer evolucionar o cómic tradicional a un novo formato multimedia.

O primeiro dos cómics que se distribuirá será 'Quotidiana Delirante', unha adaptación de tres das máis de corenta historias que compoñen a obra do artista galego Miguelanxo Prado, que se distribuirá a máis de 70 países en exclusiva a través de AppStore.

A presentación terá lugar ás 12.00 horas e contará coa presenza do presidente do Grupo Continental, Pancho Casal; o director da área de videoxogos de Continental, Carlos Fernández, e de Miguelanxo Prado.