A Tecnópole de Ourense fomentará a transferencia tecnolóxica do sector téxtil nun encontro en outubro

Actualizado 25/08/2007 15:45:56 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Ago. (EUROPA PRESS) -

O recinto da 'Tecnópole' de Ourense, no municipio de San Cibrao das Viñas, acollerá o próximo 4 de outubro un encontro entre empresarios e investigadores do sector téxtil de todo España co obxectivo de fomentar o intercambio de experiencias e de tecnoloxías, así como perfilar posibles colaboracións.

Así, o 'Encontro empresarial do sector textil',organizado pola Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), está dirixido a empresas, grupos de investigación universitaria, centros tecnolóxicos, emprendedores e investidores que operen no sector.

A inscrición para acudir a estas xornadas sobre o ámbito téxtil é gratuíta e permanecerá aberta ata o próximo día 7 de setembro, e poderá realizarse na páxina web de APTE (www.redtt.apte.org/info/Eventos/encuentrotextil).

Deste modo, durante o encontro desenvolveranse conferencias sobre a innovación e os avances tecnolóxicos no sector, os recursos públicos para o financiamento de I+D+i, os sistemas de información para innovar ou as novas ferramentas para a integración global de procesos.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies