A USC convoca o concurso de ideas empresariais orixinais susceptibles de converterse en proxectos

Actualizado 13/10/2008 21:33:22 CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 13 Oct. (EUROPA PRESS) -

A Universidade de Santiago (USC) mantén aberto o prazo do XI Concurso de Ideas Empresariais Innovadoras que premia as mellores ideas orixinais e innovadoras, susceptibles de converterse en proxectos a curto ou medio prazo.

A iniciativa está dirixida a todos os membros da comunidade universitaria e a todas as áreas de coñecemento. En concreto, concederanse cinco premios de 600 euros, valorándose a viabilidade da idea, o carácter innovador, o grao de madureza e a posible aplicación das políticas de igualdade.

A inscrición no certame realizarase de forma telemática, cubrindo o formulario que aparece na páxina web de Uniemprende e, ademais, se poderá participar imprimindo o documento en liña e entregándoo nos rexistros dos campus de Santiago e Lugo.

O prazo de presentación do concurso, que conta coa colaboración das consellerías de Traballo e de Innovación e Industria, finalizará o 28 de novembro.

La actualidad más visitada en EuropaPress logo: La actualidad más vista
Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies