O 061 asistiu a 92 persoas por 65 accidentes de tráfico rexistrados a fin de semana nas estradas galegas

Europa Press Galicia
Actualizado: lunes, 25 enero 2010 11:46

SANTIAGO DE COMPOSTELA 25 Ene. (EUROPA PRESS) -

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a un total de 92 persoas debido a 65 accidentes de tráfico rexistrados durante a fin de semana na rede viaria galega, das que unha faleceu no lugar do sinistro.

A Central de Coordinación do 061 recibiu entre as 15.00 horas do venres e a pasada madrugada un total de 78 chamadas en relación con accidentes de circulación. O maior número de atencións por accidentes rexistrouse o domingo, con 25 incidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados pola Central de Coordinación ascenderon a 88. En concreto, as UVI móbiles saíron en catro casos; as ambulancias asistenciais, en 71; as concertadas, en cinco; e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en oito sinistros.

En 84 casos os feridos foron levados a centros hospitalarios e nunha ocasión ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada (PAC), mentres que seis persoas lesionadas recibiron asistencia no lugar do accidente sen necesitar traslado e unha faleceu no punto do sinistro.

A proporción de homes atendida foi do 56 por cento e a de mulleres reduciuse ao 44 por cento. En canto ás idades dos feridos, un 43 por cento dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos, segundo os datos facilitados polo 061.

Pontevedra e A Coruña foron as provincias que rexistraron o maior número de accidentes durante os desprazamentos da fin de semana, con 27 sinistros en cada caso; seguidas de Ourense, con sete; e Lugo, con catro.

Contenido patrocinado