Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 08/03/2010 11:09
Urxencias Sanitarias de Galicia de Galicia-061 atendeu a un total de 82 persoas debido a 59 accidentes de tráfico rexistrados na rede viaria galega durante a fin de semana, das que dúas faleceron no lugar do sinistro.
Segundo informou hoxe o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15.00 horas do venres e a pasada media noite un total de 73 chamadas en relación con accidentes de tráfico. O maior número de atencións rexistrouse o domingo, con 24 sinistros.
Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 78. Así, as UVI móbiles saíron en sete casos; as ambulancias asistenciais, en 57; as concertadas, en oito; e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia sanitaria en seis accidentes.
En 67 casos os feridos foron levados aos centros hospitalarios correspondentes e en catro ocasións ao centro de saúde ou Punto de Atención Continuada, mentres que nove persoas lesionadas foron atendidas no lugar do incidente sen necesitar traslado e dous faleceron no punto do accidente.
A proporción de homes atendida foi do 68 por cento e a de mulleres reduciuse ao 32 por cento. En canto ás idades dos feridos, un 39 por cento dos asistidos tiña entre os 15 e 24 anos.
Pontevedra, con 31, foi a provincia que rexistrou o maior número de accidentes de tráfico durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 15; Ourense, con oito; e Lugo, con cinco.