O 061 atendeu a 86 persoas por 64 accidentes de tráfico o fin de semana en Galicia, das que dúas morreron

Publicado: lunes, 21 agosto 2017 10:25

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 21 Ago. (EUROPA PRESS) -

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante o fin de semana a 86 persoas debido a 64 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas, das que dúas faleceron.

Segundo informa o 061, a Central de Coordinación recibiu entre as 15,00 horas do venres 18 de agosto e as 23,59 horas do domingo 69 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo, con 28 incidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 86. Así, as ambulancias medicalizadas acudiron a cinco sinistros; as asistenciais realizaron 69 saídas; e as convencionais, dúas; mentres que os médicos de Atención Primarias prestaron asistencia en dez accidentes.

En 75 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en nove ocasiones recibiron atención no lugar do sinistro e dúas persoas faleceron no punto do accidente.

A proporción de homes atendida ascendeu ao 62 por cento e a de mulleres situouse no 38 por cento. En canto ás idades dos feridos, un 32 por cento tiña entre os 35 e 49 anos.

Pontevedra foi a provincia que rexistrou máis accidentes, con 27 sinistros, durante os desprazamentos do fin de semana; seguida da Coruña, con 21; e Lugo e Ourense, con oito en cada caso.