O 67.009, cuarto premio, deixa 614.000 euros en Galicia

Actualizado: lunes, 22 diciembre 2014 14:02

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Dic. (EUROPA PRESS) -

O 67.009, agraciado cun dos cuartos premios do Sorteo Extraordinario de Nadal, deixou en Galicia un total de 614.000 euros en premios.

Entre as seis localidades galegas nas que caeu este galardón, foi en Carballo onde deixou máis diñeiro. En concreto, a administración número 3 de Carballo vendeu 30 series (300 décimos) deste número e repartiu 600.000 euros en premios.

A maiores, en Sarria (Lugo) e Vigo vendéronse dous décimos deste número en cada localidade e un décimo foi vendido en Santiago, Quiroga (Lugo) e Tomiño (Pontevedra). Cada décimo foi premiado con 20.000 euros.