Achado no Miño un cadáver que coincide co pescador portugués desaparecido hai un mes

Publicado: sábado, 26 mayo 2018 19:55

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 26 May. (EUROPA PRESS) -

Pescadores portugueses localizaron este sábado en augas do río Miño, á altura da localidade pontevedresa de Arbo, o cadáver dun home que se corresponde co do pescador luso desaparecido na zona hai un mes.

Segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil, o achado fíxose na tarde deste sábado na beira portuguesa do río Miño, entre Arbo e Melgaço.

Aínda que deberá confirmarse a través das probas pertinentes, as mesmas fontes indican que todo apunta que se trata do pescador portugués de 67 anos que desapareceu o 20 de abril na zona e cuxo corpo se rastrexou durante varias xornadas sen éxito.