Activada a alerta laranxa en todo o litoral galego para este xoves

Publicado 14/02/2018 17:00:18CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 14 Feb. (EUROPA PRESS) -

O litoral galego estará durante a tarde deste xoves en alerta de nivel laranxa por un temporal costeiro que empezará pola mañá e que irá estendéndose durante a tarde.

Segundo a información de Meteogalicia, a costa permanecerá en alerta de nivel amarelo durante a mañá, cando se espera mar de fondo do noroeste e ondas de entre catro e cinco metros.

A situación empeorará a partir das 12.00 horas, cando a situación pasará a nivel laranxa en toda a costa. Así, espérase mar combinada do noroeste con ondas de entre cinco e seis metros no litoral, que podería estenderse durante 24 horas até o venres.

A Dirección Xeral de Emerxencias lembrou á poboación a importancia de tomar as medidas de protección pertinentes, como evitar achegarse a diques e rompientes para previr un eventual golpe de mar, ademais de vixiar as posibles caídas de árbores e obxectos.