Activo un incendio forestal na parroquia de Manín, en Lobios (Ourense), que afecta a unha hectárea

Publicado 16/09/2018 20:36:48CET

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 16 Sep. (EUROPA PRESS) -

   Un incendio forestal permanece activo desde a tarde deste domingo na parroquia de Manín, no municipio ourensán de Lobios.

   Segundo informa a Consellería do Medio Rural a Europa Press, as chamas iniciáronse ás 18,47 horas e afectan xa a unha hectárea.

   Na súa extinción traballan tres axentes forestais, tres motobombas, dous avións e dous helicópteros.

Contador