O actor Arturo Fernández presenta dende este venres na Coruña o seu espectáculo 'Enfrontados'

Actualizado: jueves, 21 agosto 2014 7:11

A CORUÑA, 21 Ago. (EUROPA PRESS) -

O actor Arturo Fernández presenta dende este venres, día 22, no Teatro Colón da Coruña, o seu espectáculo 'Enfrontados' "unha proposta na que o actor asturiano interpreta a un sacerdote" segundo indica a organización.

A obra, escrita en clave de comedia, estreouse en Broadway en 1980 e recibiu o Premio do Círculo de Críticos. Levada ao cinema con Jack Lemmon, nesta adaptación, o actor David Boceta acompaña a Arturo Fernández", dándolle a réplica como o seminarista Tomás de la Casa, engade.

No caso de Arturo Fernández, dá vida a un sacerdote católico que comparte as súas tarefas na súa parroquia cun programa de televisión "na que se debaten os temas de actualidade da Igrexa", precisa.

O espectáculo poderá verse no Teatro Colón o venres, día 22, ás 22,30 horas; o sábado, ás 19,00 horas e ás 22,00 horas e o domingo 24 e o martes 26, ás 20,30 horas.