Aemet eleva o aviso polo temporal a nivel vermello en Lugo, Ourense e Pontevedra

Temporal en Santiago de Compostela
EUROPA PRESS
Actualizado: domingo, 10 diciembre 2017 12:03

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Dic. (EUROPA PRESS) -

   A Axencia Española de Meteoroloxía (Aemet) elevou a nivel vermello o aviso en varios puntos das provincias galegas de Lugo, Ourense e Pontevedra pola incidencia do temporal 'Ana', que podería deixar nesas zonas ventos de até 140 quilómetros por hora.

   Así, segundo informou a Xunta, o nivel de alerta pasará a ser vermello a partir das 18,00 horas deste domingo nas Rías Baixas, O Miño, no interior da provincia de Pontevedra, a montaña de Ourense e a montaña de Lugo.

   Nestes puntos, os refachos de vento poderían alcanzar os 140 quilómetros por hora. A Xunta instou á poboación a extremar as precaucións nas zonas costeiras, así como a estar alerta ante a posible caída de obxectos desde balcóns e ventans.

   Este domingo chegou a Galicia unha borrasca profunda, denominada 'Ana', situada no cuadrante noroccidental da Península Ibérica que está a deixar fortes ventos e choivas no litoral e zonas altas de Galicia. Aínda que amainarán o luns, prevese que continúe a inestabilidade, con chuvascos xeneralizados.