Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 24/06/2010 13:04

Agestic inicia un ciclo de xornadas para promover a e-Administración entre as pemes galegas

   A Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación (Agestic) iniciou hoxe un ciclo de xornadas para promover a e-Administración entre as pequenas e medianas empresas da comunidade. O seu obxectivo é instar as pemes a realizar as súas xestións a través de internet.

   "Poden facelo de forma segura", defendeu o presidente de Agestic, José María López Bourio, en declaracións a Europa Press tras a inauguración da xornada 'A oficina e a administración sen papeis' en Santiago.

   Segundo asegurou, a Xunta esixe aos seus provedores o uso da sinatura dixital en todas as tramitacións e, dende outubro, tamén o fará a Administración central. Por iso, a finalidade desta serie de xornadas é sensibilizar ao máximo posible de pymes e autonómos da comunidade.

   O responsables desta asociación recordou que a xestión electrónica contribúe a reducir o uso de papel e elimina problemas vinculados co manexo de arquivos e datos. "A Administración electrónica, a factura e a sinatura dixital non é que sexan o futuro, son o presente", concluíu.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Timerman viaja a la ONU para denunciar la "militarización" Alerta amarilla en Castilla-La Mancha por bajas temperaturas Un total de 43 provincias están en alerta por frío, viento y oleaje

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.