O alcalde de Ferrol ve "lamentable" e "fora de lugar" o discurso de Feijóo

Actualizado: lunes, 29 junio 2015 18:55

   Suárez asegura que "excedeu o puramente institucional" e que utilizou "un ton demasiado político"

   FERROL, 29 Jun. (EUROPA PRESS) -

   O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez (FeC), considerou o discurso pronunciado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na entrega das Medallas Castelao foi "lamentable" e que "excedeu o puramente institucional e fora de lugar".

   Segundo o rexedor ferrolano, se trataba dun "acto institucional, que está por enriba das forzas políticas que ostenten o poder" e remarcou que, en compañía do alcalde da Coruña e da alcaldesa de Lugo, foron "testemuñas dun discurso" no que Feijóo "mantivo un ton demasiado político", nun acto que se supón que é de celebración para toda Galicia".

   Así, o alcalde tamén mostrou o seu rexeitamento "á unión da tradición de Castelao coa espiritual de Galicia, e co obxectivo de tratar de corrixir posicións que manteñen algúns concellos, como A Coruña ou Santiago", en alusión á ofrenda do Antigo Reino de Galicia, "un acto relixioso", celebrado hai uns días en Lugo.

RESPECTO

   Jorge Suárez reclamou, para este tipo de actos, "respecto a todo tipo de ideoloxías e forzas políticas" e que neles "non se inmisza na política concreta de cada concello".

   Por iso, reclamou que "nos próximos anos o discurso non exceda do puramente institucional e que non se agrida á decisións que se están a tomar democraticamente" nalgúns concellos. "Máxime, cando se está respectando a norma constitucional que falan da aconfesionalidade do Estado", agregou.

   Por outro lado, Suárez indicou que neste acto non mantivo ningún encontro co presidente da Xunta, pero manifestou que falou con el tras a investidura, xa que o chamou por teléfono.

   O alcalde trasladou que si tivo ocasión de falar "con algúns conselleiros e directores xerais, ademais dos premiados, que eran os que importaban ese día, máis alá do presidente", abundou.