O alcalde de Ourense pide respecto ao segredo sumarial "e que non se consinta que saiba o contido"

El alcalde de Ourense, Agustín Fernández.
ROSA VEIGA
Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 23 mayo 2013 18:04

OURENSE 23 May. (EUROPA PRESS) -

O alcalde de Ourense, o socialista Agustín Fernández, pediu este xoves respecto ao segredo sumarial da instrución da 'Operación Pokémon', na que está imputado o exrexedor local Francisco Rodríguez, e reclamou "que non se consinta que se saiba o contido porque as filtracións poden facer moito dano ás persoas afectadas".

Fernández inaugurou, coa concelleira de Benestar Social, Marga Martín, o novo centro cívico do pobo de Seixalbo, en Ourense, a dous quilómetros da cidade e momentos antes respondeu a preguntas dos xornalistas sobre a nova imputación do exalcalde, esta vez por suposto delito de branqueo.

O rexedor local pediu respecto á investigación xudicial da xuíza de Lugo Pilar de Lara Cifuentes "pero tamén que se faga respectar o seu segredo".

Ademais, dixo manter a súa "total confianza" na inocencia do seu antecesor no cargo e reiterou o seu respecto "profundo" ao labor policial e "á presunción de inocencia".

Contenido patrocinado