O alcalde de Santiago ve "nervioso" ao PP, con Feijóo "demarcándose do posto institucional" para apoiar a candidatos

Martiño Noriega
EUROPA PRESS
Publicado: lunes, 24 septiembre 2018 13:57

"Os que collen moita carrerilla acaban chegando cansos aos procesos electorais", avisa ao PPdeG Noriega, que anunciará o seu futuro o venres

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 24 Sep. (EUROPA PRESS) -

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega (Compostela Aberta), asegurou que ve "moi nervioso ao PPdeG e collendo moita carrerilla" despois de que o pasado sábado Agustín Hernández presentase a súa candidatura á Alcaldía compostelá. "Os que collen moita carrerilla acaban chegando cansos aos procesos electorais", avisa aos populares.

A este respecto, asegura que lle "sorprende ver mesmo a cargos institucionais como o presidente da Xunta entrando case un ano antes das eleccións no xogo preelectoral", "desmarcándose do posto institucional que ten que ter nas relacións coas cidades".

"Non sei como verán os veciños e os cidadáns estes procesos electorais tan longos, creo que están tan aburridos como podo estar eu", afirma.

Cuestionado polas críticas de Agustín Hernández e o PPdeG a Noriega sobre as súas supostas ambicións políticas, o rexedor convidou ao Partido Popular a "ser máis orixinal", porque xa usaron ese argumento "fai case catro anos e volven facelo agora". "Sempre dixen que na miña casa ensináronme a ser responsable e levo sendo responsable toda a vida no que ten que coa representación pública", agregou.

Así mesmo, ratificou que, previsiblemente, o venres dará a coñecer a decisión de se volve presentarse para ser candidato a alcalde de Santiago ou non, após manter conversacións ao longo desta semana con Compostela Aberta.

"ESPERANDO A QUE FEIJÓO SE SAQUE O TRAXE DE CANDIDATO"

A preguntas da prensa sobre se obtivo resposta de Feijóo á súa petición de reunión para tratar asuntos que afectan á capital de Galicia, Noriega dixo que está "a esperar a que o señor Feijóo se saque o traxe de candidato electoral nas cidades coas súas conselleiros e exconselleiros e se poña o traxe institucional de presidente da Xunta para tratar os asuntos de cidade".

"Nós aquí non pensamos en eleccións, pensamos nos problemas da cidade e as cuestións que hai que falar entre institucións", proseguiu nos seus reproches ao titular do Executivo autonómico.