Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 03/09/2010 15:14
O condutor dun camión resultou ferido de gravidade ao caer por un barranco duns 10 metros o vehículo que conducía en Arnoia (Ourense), segundo informaron fontes do 112 e a Garda Civil de Tráfico.
O sinistro produciuse pouco antes das 9.30 horas, na estrada que une Arnoia con Cartelle, no quilómetro 22. Un particular deu o aviso de que un camión envorcara e que unha persoa se atopaba fóra do vehículo, nun barranco e queixábase de moito dor nas pernas.
O camión, que conducía J.M.V.A. de 59 anos e veciño de Redondela, envorcou tras sairse da pista forestal pola marxe esquerda da vía.
Ao lugar acudiron equipos de urxencias médicas, a Garda Civil e o Grumir de Ribadavia, o persoal da cal indicou que o home ten as dúas pernas rotas e que, dentro da gravidade, se atopa ben.