Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 16/03/2010 10:47
AMP

Feridas tres mulleres nunha colisión con tres vehículos implicados no Corredor do Morrazo en Moaña (Pontevedra)

   Tres mulleres resultaron feridas hoxe de diversa consideración nunha colisión múltiple con tres vehículos implicados rexistrada no Corredor do Morrazo ao seu paso polo termo municipal de Moaña (Pontevedra).

   O sinistro tivo lugar sobre as 7.10 horas no quilómetro 8 do Corredor do Morrazo no lugar da Fraga, en Moaña, segundo informou o 112 a Europa Press.

   O accidente sucedeu ao colisionar frontalmente dous vehículos, un dos cales saíu despedido e impactou cun terceiro. Foron mobilizados a Guardia Civil de Tráfico, 061, Protección Civil de Moaña e Bombeiros do Morrazo.

   Os Bombeiros do Morrazo acudiron co seu equipo de excarceración que, segundo precisaron, "non funcionou" e tivo que ser mobilizado o de Protección Civil de Cangas. Foron rescatadas dúas das feridas do interior de senllos vehículos accidentados.

   O 061 enviou ao lugar unha ambulancia medicalizada que levou ao Hospital Povisa a unha muller de 30 anos, A.F.M.; e a un médico e outra ambulancia, que trasladou á clínica Fátima a N.I.R., de 33 anos, e a M.P.L.S., de 28 anos, segundo sinalaron fontes sanitarias.

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres Un empleado de Apple confirma varias características del iPad 3 Sobresaliente 'Cum Laude' para la tesis de Camps

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.