dunha inversión de 25.000 millóns

Fomento anuncia un plan de infraestruturas con 8.500 millóns para o AVE de Galicia

Ana Pastor, Ministra De Fomento
Foto: EUROPA PRESS

Será presentado en xullo e terá un horizonte de execución ata 2024

   MADRID, 9 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A ministra de Fomento, Ana Pastor, presentará o próximo mes de xullo un novo Plan de Infraestruturas, Transportes e Vivenda (PITVI) que incluirá unha inversión duns 77.400 millóns de euros só para estradas e construción do AVE, cunha partida duns 25.000 millóns para investimentos, máis de 8.500 deles para Galicia, e contará con horizonte de execución ata 2024.

   O plan terá tres vías de financiamento: as achegas presupostarias, os fondos europeos e a participación do capital privado, segundo detallou a titular de Fomento, que se comprometeu a primar o "rigor dos investimentos" públicos.

   Así, durante a súa intervención na Comisión de Fomento do Congreso, Pastor garantiu que todas as infraestruturas que promova o Ministerio terán a "finalidade de mellorar a calidade de vida dos cidadáns e aumentar a produtividade do país". "O tempo das obras faraónicas, dos convenios sen diñeiro e dos aeroportos sen tráfico rematou", advertiu.

   O novo PITVI substituirá os actuais, o Plan Estratéxico de Infraestruturas e Transportes (PEIT) e o Plan Estratéxico de Infraestruturas (PEI), e elabórase xunto con Facenda "a partir do exame da situación actual e da valoración rigorosa das necesidades da sociedade".

O GROSO, A ESTRADAS E AVE

   Da inversión total, 52.403 millóns de euros destinaranse a estradas. Deste importe, 18.668 millóns empregaranse na construción de 3.500 quilómetros de novas vías de alta capacidade e outros 1.265 millóns á ampliación das existentes. O resto do presuposto deste capítulo dirixirase á rede convencional e a seguridade vial.

   Do seu lado, o AVE contará con investimentos por 25.000 millóns de euros. A conexión a Galicia acaparará a maior partida, de 8.517 millóns de euros, o importe estimado por Fomento para concluír e poñer en servizo esta liña.

   Así mesmo, a conexión por Alta Velocidade das tres capitais vascas, a denominada 'vasca', contará cun investimento de 4.323 millóns, o AVE a Extremadura 2.651 millóns de euros e o enlace a Asturias, 1.719 millóns máis.

   En novo plan de infraestruturas considera ademais unha inversión anual de 450 millóns de euros para modernizar a rede ferroviaria convencional e outros 860 millóns ao ano para o seu mantemento, e outros 2.000 millóns de inversión en Portos do Estado.

   Na súa primeira comparecencia no Congreso, Pastor manifestou a súa disposición ao diálogo co resto de administracións, cos axentes do sector e con todos os partidos políticos, aos que propuxo a consecución dun grande Pacto de Estado polas Infraestruturas e a Vivenda para consensuar unha axenda de actuacións nestas materias.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.