AMP.- Un operario resulta ferido tras caer nun burato nas obras do AVE en Silleda (Pontevedra)

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 12 marzo 2010 11:36

SANTIAGO DE COMPOSTELA 12 Mar. (EUROPA PRESS) -

Un operario duns 20 anos de idade resultou hoxe ferido nun accidente laboral rexistrado nas obras do AVE no municipio de Silleda (Pontevedra) tras caer nun burato.

Segundo a información facilitada polo 112 a Europa Press, ás 8.13 horas unha persoa alertou dos feitos ao servizo de emerxencias, ao que requiriu asistencia sanitaria para un traballador que caera nun burato.

O incidente sucedeu nas obras da Alta Velocidade ferroviaria que se levan a cabo no lugar da Bandeira, na parroquia de Manduas, no concello de Silleda.

As mesmas fontes apuntaron que o operario, que traballa para unha empresa do sector da construción e aglomerado, lograra saír polo seu propio pé do burato, pero igualmente precisaba asistencia sanitaria.

Así, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou ao centro de saúde da localidade pontevedresa de Lalín ao ferido, I.V.M., de 20 anos, quen presentaba contusión nun costado, segundo sinalaron fontes sanitarias.

Contenido patrocinado