Miércoles, 10 de febrero 2010
 


AMP - Paro

O paro sobe un 4,22% en outubro en Galicia, con 8.458 desempregados máis que en setembro

O número de parados ascende a 208.923 e os contratos caen un 3,27%

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 3 Nov. (EUROPA PRESS) -

   O número de parados rexistrados nas oficinas do Instituto Nacional de Emprego (Inem) incrementouse en 8.458 persoas en outubro en Galicia, o que supón un 4,22% máis que no mes de setembro e que os desempregados na Comunidade galega alcancen os 208.923, segundo os datos difundidos hoxe polo Ministerio de Trabajo e Inmigración.

   Deste modo, outubro é o terceiro mes consecutivo no que o paro crece, tras as subas rexistradas en agosto e setembro. A taxa de incremento da comunidade no último mes é a sexta máis elevada do Estado. En termos interanuais a suba do paro é do 24,05% en Galicia, o que supón que no último ano se inscribiron no Inem 40.500 persoas.

   En todo o Estado, o número de parados subiu en 98.906 persoas en outubro (2,6%) e, tal e como esperaba, encadeou tamén o seu terceiro ascenso consecutivo tras o de agosto e setembro, meses nos que o desemprego aumentou en máis de 164.000 persoas. Desta forma, en só tres meses máis de 260.000 persoas apuntáronse ás listas do Inem.

   Do total de parados en Galicia, 93.127 son homes e 115.796 mulleres. Ademais, os menores de 25 anos alcanzaron en outubro a cifra de 22.371, dos que 12.145 son homes e 10.226 mulleres.

   O paro rexistrado entre os estranxeiros creceu un 6,2% (636 persoas máis) e situouse en 10.902, dos que 5.893 proceden de países extracomunitarios. En relación a hai doce meses, o número de desempregados entre os estranxeiros é un 55,65% maior (3.898 persoas máis).

SECTORES E PROVINCIAS

   Por sectores, o paro rexistrado aumentou en 4.965 persoas nas actividades relacionadas cos servizos, na que o número de desempregados ascendeu en outubro a 117.006 persoas.

   Un total de 1.195 traballadores déronse de alta no Inem no sector da construción, onde chegaron a 31.729; na industria foron 750 máis (ata 32.018); e na agricultura incrementouse o paro en 599 persoas (ata as 5.587). Ademais, o colectivo sen emprego anterior chegou aos 22.583, o que supón que en outubro que rexistraron 949 persoas máis.

   Na Coruña, o número de inscritos no Inem en outubro situouse en 84.342 persoas; mentres que en Lugo ascendeu 19.687; en Ourense a 23.457 e en Pontevedra a 81.437.

CONTRATOS

   Os contratos formalizados durante o mes de outubro en Galicia alcanzaron os 63.119, entre os que se inclúen os indefinidos, os temporais e as conversións en indefinidos. Deste modo, a contratación reduciuse un 3,27% con respecto a setembro, con 2.134 menos. En relación con hai un ano, os contratos descenderon un 13,29% (9.674 menos). Del total, 57.375 foron de carácter temporal, mentres que 5.744 foron indefinidos.

   O ministerio achegou tamén os datos das prestacións por desemprego, que en Galicia ascenderon en outubro a 126.761. Delas, 74.002 son contributivas, 45.973 son subsidios e 6.786 son rendas de inserción. A contía media por prestación en Galicia é de 787,9 euros mensuais e o gasto para cubrilas é de 116,55 millóns de euros.

DATOS ESTATAIS

   Tras a suba de outubro, o total de desempregados situouse en 3.808.353 persoas, segundo os datos achegados hoxe polo Ministerio de Trabajo e Inmigración.

   A suba do desemprego en outubro, mes no que adoita aumentar o paro, é, non obstante, case a metade da rexistrada en igual mes de 2008, cando o desemprego aumentou en 192.658 persoas, marcando o peor dato da serie neste mes. O aumento de outubro deste ano supón así o segundo peor rexistro neste mes dende 1996, que é cando comeza a serie comparable do desemprego.

   Segundo os rexistros dos servizos públicos de emprego, no último ano, un total de 990.327 persoas han pasado a engrosar as listas do desemprego, o que representa un crecemento interanual do 35,1%.

   O paro subiu en outubro en ambos os dous sexos, aínda que máis entre os homes. Así, o desemprego masculino incrementouse en 53.166 persoas (+2,8%) respecto a setembro, mentres que o feminino aumentou en 45.740 homes (+2,4%).

   En termos interanuais, o paro feminino acumula unha suba de 421.665 mulleres (+28,4%) e o masculino, de 568.662 desempregados (+42,5%). En total, o número de mulleres en paro situouse ao finalizar outubro en 1.903.826 e o de homes en 1.904.527.

DOUS DE CADA TRES NOVOS PARADOS, DOS SERVIZOS

   Todos os sectores incrementaron o seu número de parados no décimo mes do ano, sendo a do sector servizos a maior subida, con 62.447 desempregados máis (+2,9%), aglutinando desta forma o 63,1% dos novos parados do mes.

   Tras os servizos situáronse a agricultura, con 11.899 desempregados máis (+12,4%); o colectivo sen emprego anterior, que sumou 9.953 parados (+3,5%); a construción, que gañou 8.802 desempregados (+1,2%), e a industria, onde o paro repuntó en 5.805 persoas (+1,1%).

   En termos interanuais e en valores absolutos, os servizos tamén son o sector peor parado, cun incremento do desemprego de 557.911 persoas (+33,9%), por diante da construción, que gañou 177.227 parados dende outubro de 2008 (+32,8%).

SOBE EN 16 COMUNIDADES

   O empeoramento da situación do desemprego en outubro tamén se notou entre os estranxeiros, o número dos cales de parados aumentou en 27.909 persoas (+5,6%) respecto a setembro. En total, os inmigrantes en paro sumaban ao finalizar o mes pasado 529.227 desempregados, cun repunte de 191.734 parados (+56,8%) no último ano.

   Por idades, o desemprego subiu entre os maiores de 25 anos en 82.038 persoas (+2,5%), mentres que entre os menores da devandita idade o aumento foi menor, con 16.868 desempregados máis (+3,7%).

   En outubro, o paro subiu en 16 comunidades, encabezadas por Andalucía e Castilla-La Mancha, con 20.870 e 12.408 desempregados máis, respectivamente, e unicamente baixou en Canarias, con 750 desempregados menos.

   Por provincias, o paro descendeu en catro delas, principalmente en Almería ( -2.010 parados) e Castellón ( -1.063), e subiu nas 48 restantes, lideradas por Madrid (+11.074 parados) e Baleares (+9.567).

BAIXAN OS CONTRATOS

   En canto á contratación, en outubro rexistráronse no Inem un total de 1.357.868 contratos, un 14,3% menos que en igual mes de 2008. A contratación fixa ascendeu o mes pasado a 126.497 contratos, o 9,3% do total e cifra un 29,8% inferior á de outubro de 2008.

   En outubro fixéronse 9.005 contratos formativos e 1.222.366 contratos temporais, dos que o 28,53% foron de obra ou servizo e o 25,02%, eventuais por circunstancias da produción.





Presidencia EU
Terremoto en Haití
 
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Bill Murray será un fantasma en la nueva CazafantasmasBill Murray será un fantasma en la nueva Cazafantasmas El iPad, nominado a los Fiasco Awards El iPad, nominado a los Fiasco Awards La 1 estrena en televisión la película 'Camino'La 1 estrena en televisión la película 'Camino'
CHANCE
Foto: ep
jaime ya no es duque de lugo

La Infanta Elena y Marichalar, oficialmente divorciados


La Infanta Elena y Jaime de Marichalar están oficialmente divorciados. El pasado 21 de enero se inscribió en el Registro Civil de la Familia Real la sentencia del procedimiento de divorcio, por mutuo acuerdo, de su matrimonio, ha informado este martes la Casa Real en su página web.Ampliar

 


PORTALTIC.es
Foto: THQ
PS3 y Xbox 360

Análisis.- 'Darksiders' o si el apocalípsis llegase a Hyrule...


   Guerra. Nunca un nombre que encierra tanta tragedia sirvió tan bien para nombrar al protagonista de un videojuego. El primer jinete del Apocalipsis sigue los pasos de un tal Link en una aventura con la que THQ nos ha sorprendido nada más empezar el año: 'Darksiders'. Combates con espada, magia, objetos para resolver puzles, mazmorras temáticas, cofres, enemigos mastodónticos y un caballo. Pero no, no es 'Ocarina of time' ni 'Twilight Princess'.Ampliar

 


Economía y Finanzas

Foto: EP
Quienes especulan, atacan las monedas débiles

La banca y las cajas descartan conspiraciones para hundir el euro


El presidente de la Asociación Española de Banca (AEB), Miguel Martín, y su homólogo en la Confederación Española de Cajas de Ahorros (CECA), Juan Ramón Quintás, descartaron este martes la existencia de un movimiento conspirativo con el objetivo de hundir la cotización del euro respecto a otras divisas en los mercados internacionales.Ampliar

 


EPSocial
Foto: Reuters
ayuda tras el terremoto

UNICEF agradece al Gobierno español los 10 millones aportados para Haití


El Fondo de Naciones Unidas para la Infancia (UNICEF) agradeció este martes al Gobierno español su aportación de 10 millones de euros para las actividades que esta agencia humanitaria está llevando a cabo en Haití para asistir a los damnificados por el terremoto del pasado 12 de enero.Ampliar

 


DEPORTES
Foto: Reuters
El delantero se sincera

'Kun' Agüero: "Ahora mismo sólo pienso en la Copa del Rey"


El delantero argentino Sergio 'Kun' Agüero analizó la actualidad del Atlético de Madrid, tanto en Copa del Rey como en Liga, y recordó sus inicios y primeros días cuando llegó a España como jugador del conjunto rojiblanco.Ampliar

 



www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press.
© 2010 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.