Miércoles, 10 de febrero 2010
 


AMP

PSOE e BNG presentan unha moción de censura en Porto do Son (A Coruña) ante a "nefasta xestión" do goberno do PP

Xoán Pastor (PSOE) e Franco (BNG) levarán á Alcaldía e a Tenencia tras pactar que o futuro rexedor non fose o ex alcalde socialista

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 6 Nov. (EUROPA PRESS) -

   O socialista Xoán Pastor Rodríguez e a nacionalista Ánxela Franco ostentarán os cargos de rexedor e tenente de alcalde, respectivamente, no municipio coruñés de Porto do Son unha vez que se debata a moción de censura contra o alcalde do PP que rexistraron hoxe ambas as dúas formacións ante a súa "nefasta xestión".

   Segundo confirmaron a Europa Press fontes do PSdeG e do BNG, esta moción presentouse para contrarrestar a "ineficacia" do goberno local do PPdeG e á vista de que os presupostos da Xunta "anulan" proxectos comprometidos para este concello.

   Deste xeito, a secretaria de Acción Municipal do PSdeG, Mar Barcón, asegurou, en declaracións a Europa Press, que este pacto ten un dos seus piares na necesidade de "non desperdiciar" as partidas que recibirá Porto do Son do novo Fondo de Cooperación Local.

   A futura tenente de alcalde, Ánxela Franco, explicou que "había que buscar unha fórmula fronte á ineficacia e desleixo" co que "estaba a actuar" o goberno do PP e puxo como exemplo diso a non aprobación dun plan de ordenación municipal ou dos presupostos.

   Así mesmo, expresou que a cidadanía "estaba desilusionada" co rumbo do goberno local, o que sumado ao borrador de presupostos da Xunta e á "ineficiencia" do municipio, levou a socialistas e nacionalistas a iniciar as negociacións para elevar un goberno de "esquerdas e con capacidade de diálogo coas demais forzas".

ELECCIÓN ALCALDE

   Segundo os socialistas, o BNG "quería a Alcaldía" para a súa formación, o que motivou o atraso para este acordo, dado que a executiva galega do PSdeG rexeitaba este extremo. A maiores, os nacionalistas "opoñíanse" a que o anterior alcalde socialista, Ramón Quintás, volvese rexer o concello, o que enrocou as conversacións entre ambas as dúas forzas.

   Así, Mar Barcón destacou a "mostra de xenerosidade" do ex alcalde de Porto do Son, quen dirixiu o concello 12 anos, ao propiciar que outro socialista fose o candidato. De feito, asegurou que esta situación "facilitou o acordo" final, no que aínda "faltan uns fíos" por pechar ao respecto da repartición competencial, segundo indicaron fontes do Bloque.

   Ao respecto deste obstáculo, Ánxela Franco explicou que, na campaña electoral das municipais, o BNG comprometérase a non pactar co candidato socialista, polo que os nacionalistas "cumpriron" a súa promesa cando "se presentou a oportunidade de facelo".

   Para o futuro tenente de alcalde e que tamén será a voceiro do goberno local, unha das principais "prioridades" será a aprobación do plan de ordenación urbana, para o que garantiu "diálogo" coas forzas sociais e o resto de grupos municipais.

CORRELACIÓN FORZAS

   Tras as eleccións municipais do 2007, a corporación municipal quedou integrada por seis concelleiros do PP, cinco do PSOE, catro do BNG e dous independentes. A falta de acordo entre nacionalistas e socialistas propiciou a alcaldía de Manuel Tomé co apoio dos independentes.

   Para o secretario de Acción Municipal do BNG, Manuel Antelo, esta moción de censura trátase dunha "reposición do acordo" entre socialistas e nacionalistas no municipio.





Presidencia EU
Terremoto en Haití
 
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Bill Murray será un fantasma en la nueva CazafantasmasBill Murray será un fantasma en la nueva Cazafantasmas El iPad, nominado a los Fiasco Awards El iPad, nominado a los Fiasco Awards La 1 estrena en televisión la película 'Camino'La 1 estrena en televisión la película 'Camino'
CHANCE
Foto: ep
jaime ya no es duque de lugo

La Infanta Elena y Marichalar, oficialmente divorciados


La Infanta Elena y Jaime de Marichalar están oficialmente divorciados. El pasado 21 de enero se inscribió en el Registro Civil de la Familia Real la sentencia del procedimiento de divorcio, por mutuo acuerdo, de su matrimonio, ha informado este martes la Casa Real en su página web.Ampliar

 


PORTALTIC.es
Foto: THQ
PS3 y Xbox 360

Análisis.- 'Darksiders' o si el apocalípsis llegase a Hyrule...


   Guerra. Nunca un nombre que encierra tanta tragedia sirvió tan bien para nombrar al protagonista de un videojuego. El primer jinete del Apocalipsis sigue los pasos de un tal Link en una aventura con la que THQ nos ha sorprendido nada más empezar el año: 'Darksiders'. Combates con espada, magia, objetos para resolver puzles, mazmorras temáticas, cofres, enemigos mastodónticos y un caballo. Pero no, no es 'Ocarina of time' ni 'Twilight Princess'.Ampliar

 


Economía y Finanzas

Foto: EP
Quienes especulan, atacan las monedas débiles

La banca y las cajas descartan conspiraciones para hundir el euro


El presidente de la Asociación Española de Banca (AEB), Miguel Martín, y su homólogo en la Confederación Española de Cajas de Ahorros (CECA), Juan Ramón Quintás, descartaron este martes la existencia de un movimiento conspirativo con el objetivo de hundir la cotización del euro respecto a otras divisas en los mercados internacionales.Ampliar

 


EPSocial
Foto: Reuters
ayuda tras el terremoto

UNICEF agradece al Gobierno español los 10 millones aportados para Haití


El Fondo de Naciones Unidas para la Infancia (UNICEF) agradeció este martes al Gobierno español su aportación de 10 millones de euros para las actividades que esta agencia humanitaria está llevando a cabo en Haití para asistir a los damnificados por el terremoto del pasado 12 de enero.Ampliar

 


DEPORTES
Foto: Reuters
El delantero se sincera

'Kun' Agüero: "Ahora mismo sólo pienso en la Copa del Rey"


El delantero argentino Sergio 'Kun' Agüero analizó la actualidad del Atlético de Madrid, tanto en Copa del Rey como en Liga, y recordó sus inicios y primeros días cuando llegó a España como jugador del conjunto rojiblanco.Ampliar

 



www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press.
© 2010 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.