os sindicatos din que non negocian recortes

A Xunta reafirma que manterá as medidas en función pública

Foto Manifa Funcionarios
Foto: EUROPA PRESS/REMITIDO

Centenares de empregados públicos concentráronse ante a EGAP para rexeitar as propostas

   SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A reunión da mesa de negociación entre a Xunta e os sindicatos de función pública rematou sen que se producira un achegamento nas posturas. O Goberno galego reafirmou a súa decisión de non retirar o texto e os representantes dos empregados públicos responderon reclamando de novo a retirada do anteproxecto e advertindo de que non negocian "recortes".

   Durante a celebración deste encontro, que se prolongou durante case unha hora, centenares de empregados públicos concentráronse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), onde se realizou o encontro, para protestar contra a proposta do Goberno galego, que propón, entre outras medidas, unha redución de xornada ou que non se aboe o complemento por incapacidade temporal nos primeiros 21 días, salvo en casos de accidente laboral, enfermidade profesional ou maternidade.

   A Xunta pediu aos sindicatos que presenten o luns as súas alegacións, para tratar de iniciar unha negociación. "A retirada non se vai facer por parte do Goberno", afirmou o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, que dixo que lamentaría que as organizacións que representan aos traballadores non trasladen as súas propostas.

   "Imos levar outras propostas porque entendemos que hai forma de paliar o déficit da comunidade por vía de ingresos, non pola de recortes", manifestou o representante de UGT, José Vázquez. O responsable de Función Pública, non obstante, limitou a negociación ao texto presentado.

   Barreiro explicou, en declaracións aos medios tras a reunión, que, ante a petición de retirada do anteproxecto de lei de medidas no emprego público, o Goberno galego manifestou a súa "vontade negociadora sobre todo o texto". "Hai marxe para chegar a acordos en incapacidade temporal, na redución de xornada de interinos e na suspensión de determinados artigos do convenio colectivo", suxeriu.

   O director xeral de Función Pública indicou que espera que o luns os sindicatos presenten as súas contrapropostas. O Goberno galego, insistiu, está disposto a chegar a acordos "no contido do texto", pero a negociación "implica que hai un texto sobre a mesa e sobre ese texto se ten que negociar".  Pediu que se presenten alegacións posto que, ao seu xuízo, os traballadores "si queren que se fagan propostas que poidan mellorar o texto".

OUTRAS MEDIDAS

   O responsable do sector da administración autonómica de CC.OO., Ramiro Otero, censurou que as alternativas da Xunta se centran "nos gastos e os recortes aos empregados". A postura unánime das plataformas sindicais é, insistiu, que o Goberno debe retirar o seu texto.

   "Estamos dispostos a sentar e ver alternativas para saír da crise, pero non co ataque frontal aos dereitos dos empregados públicos", sinalou. Por iso, reiterou que acudirán "a calquera convocatoria da administración, pero se o que intenta é traer outra vez esta proposta, volveremos dicir que a retiren", resolveu.

MANTEÑEN AS PROTESTAS

   Pola súa banda, a representante da CIG, Carmen López Santamariña, trasladou o seu "malestar" por esta "suposta mesa de negociación". "Estamos dispostos a abrir un diálogo e ver o que se pode facer para a racionalización da administración pública, pero non mediante ningún tipo de imposición", resaltou.

   Ademais, López Santamariña pediu á Xunta que faga "gala" de actitude negociadora e avisou de que os sindicatos seguen adiante co seu calendario de mobilizacións, que prevé concentracións todos os xoves deste mes.

   O presidente de CSI-F, José Francisco Méndez, destacou que a prioridade dos empregados públicos é "a defensa dos servizos públicos e evitar que a medio prazo estes se convertan nun sector privatizado".  Indicou que ten "propostas a montóns", entre outras, en materia de absentismo e baixas.

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.