Aparece na praia de Lira o corpo sen vida dun mergullador

Actualizado: sábado, 25 octubre 2014 16:10

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 25 Oct. (EUROPA PRESS) -

Os servizos emerxencias recuperaron este sábado o corpo sen vida dun mergullador que se afogou nas inmediacións da praia de Lira, no municipio coruñés de Carnota.

Segundo informou o CAE 112 Galicia, un particular que se atopaba nunha embarcación da súa propiedade nesta zona foi quen alertou da presenza dun corpo na zona sobre as 12,00 horas.

O propio home que avistou o corpo rescatouno para a súa embarcación e, tras practicarlle os primeiros auxilios sen éxito trasladouno ao porto de Portocubelo, onde lle esperaba un helicóptero. Malia todos os intentos do persoal médico, os servizos sanitarios só puideron certificar o falecemento do home.

Ao lugar trasladáronse, ademais de Salvamento Marítimo, o servizo de Urxencias Médicas 061, a Garda Civil, o GES de Muros e efectivos de Protección Civil de Carnota.