Aparece unha urna funeraria nunha praia de Vigo

Actualizado: miércoles, 28 enero 2015 11:52

VIGO, 28 Ene. (EUROPA PRESS) -

Axentes da Policía Local de Vigo tiveron que acudir á praia de Canido, onde a pasada fin de semana foi localizada unha urna funeraria.

Segundo informaron fontes policiais, a urna foi avistada o pasado sábado neste areal. Trátase dun recipiente con cinzas, presumiblemente de orixe humana e co nome dun varón inscrito no exterior.

As investigacións policiais permitiron descubrir é que o nome é dunha persoa que faleceu en A Coruña o pasado mes de decembro. A urna foi botada na ría de Vigo coa intención de que se desfixese na auga, pero isto non aconteceu e as correntes arrastrárona cara á praia.

A Policía xa localizou a familia do falecido que se fará cargo das cinzas.