Aprobados os 10 domingos e festivos nos que poderán abrir os establecementos comerciais galegos en 2018

Contador
Bershka
TWITTER
Publicado 11/10/2017 19:24:19CET

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 11 Oct. (EUROPA PRESS) -

A Consellería de Economía, Emprego e Industria aprobou, a proposta do sector, o dez domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria poderán abrir ao longo do próximo ano 2018.

Tras a consulta previa ás principais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura serán: o domingo 7 de xaneiro, data tradicional do inicio das rebaixas de inverno; o 29 de marzo, Xoves Santo; o domingo 1 de xullo, data habitual de inicio das rebaixas de verán; o 25 de novembro, domingo posterior ao chamado 'Black Friday'; o sábado 8 de decembro, día da Inmaculada; e todos os domingos do mes de decembro: 2, 9, 16, 23 e 30.

A orde pola que se determinan os domingos e festivos nos que se autoriza a apertura de establecementos comerciais durante o ano 2018 será publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o próximo 13 de outubro.

Posteriormente, calquera concello que o estime oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.

Estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para analizar su navegación y ofrecerle un servicio más personalizado y publicidad acorde a sus intereses. Continuar navegando implica la aceptación de nuestra política de cookies -
Uso de cookies