As catro caixas que necesitarán axudas do FROB supoñen o 8% do sector financeiro, segundo o Banco de España

Logo De Novacaixagalicia
EUROPA PRESS
Actualizado: miércoles, 13 julio 2011 16:07

SANTIAGO DE COMPOSTELA/MADRID, 13 Jul. (EUROPA PRESS) -

As catro caixas de aforros (CAM, CatalunyaCaixa, Unnim e Novacaixagalicia) que necesitarán "algún tipo de axuda" do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB) representan un 8% dos activos totais do sector bancario, segundo informou o Banco de España.

O 92% restante corresponde a entidades que non requirirán capital adicional ou que o necesitan pero teñen previsto captalo por vías privadas, mediante a captación de investidores privados ou a saída a Bolsa.

Non obstante, o Banco de España indica que, de entre estas últimas entidades, cinco caixas, cun peso no sistema do 16%, acudirá ao FROB "só como alternativa subsidiaria en caso de que non lograsen captar fondos por outras vías, que se atopan nun estado de desenvolvemento moi avanzado".

Nunha nota emitida polo organismo que preside Miguel Ángel Fernández Ordóñez sobre a situación do proceso de reestruturación financeira, recorda que tanto as achegas de capital do FROB como a obtención de recursos no mercado, "deberán estar culminadas antes do 30 de setembro". "Polo tanto, nesa data o conxunto do sistema financeiro español contará co elevado nivel de capital requirido" pola actual normativa, segundo asegura o Banco de España.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)