Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 08/03/2010 20:07

Asime chama ao sector naval de Pontevedra a "desenvolver a súa actividade con normalidade" a pesar da folga do mércores

   A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (Asime) chamou hoxe aos traballadores do sector naval da provincia de Pontevedra a "desenvolver a súa actividade con normalidade" durante a xornada de folga convocada pola CIG para este mércores.

   A través dun comunicado, esta organización empresarial, que aglutina 270 compañías, quixo "invitar a empresarios e traballadores" a exercer o seu dereito ao traballo e pediulles que non se "deixen intimidar" polo sindicato nacionalista, de tal forma que poidan desempeñar as súas funcións "con liberdade"

   Asime tamén reiterou a súa "máis profunda indignación" e "repulsa" a este paro porque, segundo mantén, a CIG "distorsiona" a información para "manipular" aos traballadores e recordou que a convocatoria de folga corre "unicamente" a cargo da central nacionalista.

   Igualmente, considerou "inadmisibles" as acusacións "baseadas en sospeitas" do sindicato relativas á contratación de man de obra estranxeira con perores condicións laborais e chamou a denuncialas ante a Inspección de Traballo.

   Por último, atribuíu estas "actuacións" da CIG, que ao seu xuízo "prexudican seriamente" ao sector, á existencia de conflitos internos na plataforma nacionalista e pediu que os traballadores exerzan a súa liberdade de expresión e o seu dereito á folga "dende a responsabilidade".

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Anonymous ataca las web de la CIA y del Gobierno de Alabama Reino Unido advierte de que defenderá "enérgicamente" las islas Malvinas Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.