Atopan a un matrimonio morto no Porriño (Pontevedra), que investigan como posible caso de violencia de xénero

Publicado: lunes, 18 junio 2018 16:38

   VIGO, 18 Jun. (EUROPA PRESS) -

   Un matrimonio foi atopado morto este luns no seu domicilio, situado na parroquia de Chenlo, no Porriño (Pontevedra). A principal hipótese que se investiga é un posible caso de violencia de xénero.

   Así o comunicaron a Europa Press fontes da Guardia Civil, que confirmaron que o achado se produciu en domicilio da parella entre as 14,00 e as 15,00 horas deste luns.

   Pola súa banda, o CIAE 112 indicou que Urxencias Sanitarias de Galicia-061 deu o primeiro aviso sobre as 14,50 horas de que un home alertou de que atopara aos seus pais falecidos no interior da vivenda, no lugar das Filgueiras.

   Acto seguido, o 112 Galicia informou do ocorrido á Guardia Civil, que desprazou axentes até o lugar e iniciou a investigación correspondente, de momento coa hipótese dun posible caso de violencia de xénero.

   Neste contexto, o Instituto Armado tamén solicitou ao 112 o apoio do Grupo de intervención psicolóxica en catástrofes e emerxencias (Gipce), para dar atención psicolóxica aos familiares dos falecidos.