AV

Unos 2.000 empregados públicos protestan en Santiago contra as medidas de recorte propostas pola Xunta

SANTIAGO DE COMPOSTEla, 9 Feb. (EUROPA PRESS) -

   Uns 2.000 empregados públicos --máis de 3.000 segundo os sindicatos-- protestaron este xoves en San Caetano, en Santiago, contra as medidas de recorte propostas pola Xunta en materia de función pública, entre as que se atopa a redución de xornada e non aboar o complemento ás persoas de baixa nos 21 primeiros días.

   Os representantes dos catro sindicatos convocantes (CIG, CC.OO., UGT e CSIF) presentaron no rexistro da Xunta o escrito para pedir a retirada do Anteproxecto de lei de medidas no emprego público. No texto consideran que a proposta "vulnera os dereitos de negociación colectiva".

   Os empregados públicos concentráronse dende antes das 12.00 horas na entrada principal de San Caetano e desprazáronse, tras unha pancarta con lemas como 'Non aos recortes dos nosos dereitos', ata a entrada posterior do edificio. Os asistentes cubrían todo o espazo entre o acceso traseiro á Xunta e a rotonda fronte á entrada da Estación de Autobuses.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

El vídeo comenzará después de 30 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.