(AV) Alimentos Lácteos entra en concurso de acredores

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 24 mayo 2013 14:27

SANTIAGO DE COMPOSTELA 24 May. (EUROPA PRESS) -

O xerente da empresa de base cooperativa Alimentos Lácteos, Miguel Martín, confirmou que a sociedade presentará o concurso de acredores entre este venres e o luns, cando remata o prazo.

Así o sinalou despois dunha reunión cos conselleiros de Medio Rural, Rosa Quintana, e Economía e Industria, Francisco Conde. Este último, pola súa banda, comprometeu o apoio da Xunta e a concesión de novos avais se existe "un proxecto industrial".

O encontro celebrouse na sede do Goberno galego en San Caetano coa presenza dos representantes das cooperativas que abastecían de leite á fábrica de Outeiro de Rei (Lugo) ata a suspensión de actividade que motivou a entrada en preconcurso.

(Haberá ampliación)

Contenido patrocinado