SANTIAGO DE COMPOSTELA 20 Ene. (EUROPA PRESS) -
A 'due diligence' encargada pola Xunta á auditora KPMG conclúe que a fusión entre as dúas caixas galegas --Caixa Galicia e Caixanova-- é "solvente, garante a galeguidade e está avalada tecnicamente", tal e como afirmou hoxe a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, na presentación dos resultados da análise das dúas entidades.
A fusión das dúas entidades galegas, a vía que defende o Goberno da Xunta, daría como resultado unha nova entidade que "daría beneficios dende o primeiro ano" e que tería uns custos de reestruturación de 485 millóns de euros, que se amortizarían en 2013, pois as sinerxías xerarían 120 millóns netos anuais.
A unión das dúas caixas galegas provocaría o peche de 280 oficinas e a perda de 1.296 empregos, que se cubrirían nun 92 por cento con prexubilacions e o resto con baixas incentivadas.
(HABERÁ AMPLIACIÓN)