Elena Muñoz, candidata do PP á alcaldía de Vigo

Elena Muñoz, Conselleira De Facenda
Foto: XUNTA
Actualizado: viernes, 30 enero 2015 17:57

VIGO, 30 Ene. (EUROPA PRESS) -

   A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, foi designada candidata do PP á alcaldía de Vigo para as próximas eleccións municipais, segundo confirmou a Europa Press fontes do partido.

   Tras semanas de incógnita, nas que se chegaron a barallar varios nomes (entre Figueroa ou o de Javier Guerra), este venres deuse a coñecer a decisión do partido.

   Elena Muñoz Fonteriz (Madrid, 1971) é licenciada en Ciencias Económicas, especialidade en Economía Pública, pola Universidade de Vigo, e pertence á escala superior de Finanzas da Xunta dende 1999.

   Tras desempeñar varios cargos na intervención xeral da Xunta, ocupou o cargo de Interventora Xeral dende 2009 ata xaneiro de 2012, momento en que foi nomeada conselleira de Facenda, en substitución de Marta Currás, posto que ocupa na actualidade.

   (((HABERÁ AMPLIACIÓN))