Aviso: Esta noticia tiene más de un año. Última actualización: 15/03/2010 16:38
AV

Investigan se se deu algún sedante a 4 bebés dunha gardaría de Vigo hospitalizados con "síntomas de intoxicación"

   Un total de catro bebés dunha gardaría situada no barrio vigués de Navia foron ingresados nos últimos días no Hospital Xeral de Vigo con "síntomas de intoxicación", polo que se abriu unha investigación para determinar se puidesen inxerir algún tipo de tranquilizante.

   Fontes do Hospital Xeral explicaron a Europa Press que é "bo" o estado de saúde dos catro bebés, de idades comprendidas entre os cero e os dous anos e que ingresaron na tarde do venres e a mañá do sábado con "síntomas de intoxicación" e somnolencia. Así, indicaron que tres dos menores serán dados de alta hoxe, mentres que un quedará en observación e posiblemente sexa dado de alta mañá.

   Dende o centro de educación infantil A Camelia declinaron realizar declaracións sobre o acontecido e só se limitaron a indicar que "o tema está no xulgado", que decretou o segredo de sumario. Así mesmo, a xuíza que leva a causa precintou a aula de bebés da referida gardaría.

   Pola súa banda, a Consellería de Traballo e Benestar de la Xunta, que leva as competencias sobre menores, xa se puxo a disposición da xuíza para colaborar con toda a información que lle sexa requirida e avanzou que o equipo de inspección comparecerá nas instalacións da gardaría, que é privada, para comprobar se existe algunha anomalía no seu funcionamento.

   (HABERÁ AMPLIACIÓN)

El vídeo comenzará después de segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
Anonymous ataca las web de la CIA y del Gobierno de Alabama Reino Unido advierte de que defenderá "enérgicamente" las islas Malvinas Obama obligará a las aseguradoras a pagar los anticonceptivos de las mujeres

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.