AV.- Miles de persoas maniféstanse en Santiago contra a proposta de decreto do galego no ensino da Xunta

Europa Press Galicia
Actualizado: jueves, 21 enero 2010 13:28

SANTIAGO DE COMPOSTELA 21 Ene. (EUROPA PRESS) -

Miles de persoas, entre docentes e estudantes, saíron hoxe da Alameda de Santiago convocados pola plataforma 'Queremos Galego' para protestar contra a proposta de decreto do galego no ensino da Xunta, que establece unha repartición das materias en tres terzos entre o castelán, o idioma de Galicia e unha lingua estranxeira.

Á cabeza da manifestación, tras unha pancarta na que se pode ler 'Paremos o decretazo contra o galego', atopan os responsables das diferentes entidades culturais e políticas que forman parte da citada plataforma. Entre eles, figuran o voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez; o voceiro de Queremos Galego, Fran Rei; e os representantes de varios sindicatos estudantís.

Pola súa banda, en declaracións aos medios, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, celebrou a "resposta unánime" da sociedade fronte a aqueles que acusaron de "radicais" aos defensores do galego, é dicir, aqueles que "reivindican que se cumpra a lexislación vixente" a partir da aprobación da Lei de Normalización Lingüística. Aínda que non avanzou datos de participación, destacou que a esta manifestación acudiron "máis autobuses" que á do pasado 18 de outubro, que congregou unhas 50.000 persoas.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Contenido patrocinado