(AV) Os mariñeiros do 'Mar de Marín' creen que un foco mal acendido no mercante puido confundir o patrón

FOTO: Declaraciones Mar De Marín
EUROPA PRESS
Actualizado: jueves, 24 abril 2014 12:45

VIGO, 24 Abr. (EUROPA PRESS) -

Os mariñeiros do arrastreiro 'Mar de Marín', que naufragou o pasado 1 de abril na entrada da Ría de Vigo, apuntaron a que a causa do accidente pode estar relacionada cun foco acendido localizado no costado do 'Baltic Breeze', que puido confundir o patrón.

Segundo indicaron, esta luz non tería que estar acendida e, pola súa localización no costado do mercante, puido confundir o patrón de garda do pesqueiro --que se atopaba na ponte de mando no momento da colisión e faleceu a causa do accidente-- sobre a posición real na que se atopaba o cargueiro

Os superviventes relataron que sentiron tres arremetidas --un golpe forte e dous pequenos--, que abriron un burato "de arriba a abaixo" no pesqueiro, inundándose a adega e facendo que se afundise o barco en cuestión de minutos.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)