(AV) Pastor reivindica os portos como "claves" para o desenvolvemento industrial e pide apoio de investidores privados

Actualizado: miércoles, 26 noviembre 2014 19:04

A CORUÑA, 26 Nov. (EUROPA PRESS) -

A ministra de Fomento, Ana Pastor, reivindicou os portos como "elemento clave" para o desenvolvemento industrial en España e reclamou o apoio dos investidores privados para consolidar actuacións como o porto exterior, na presentación oficial deste proxecto a representantes do tecido económico e social da Coruña e a súa área de influencia.

No acto, anunciou tamén que solicitará fondos europeos para a conexión ferroviaria e, en concreto, sinalou que pedirá "cando menos 105 millóns de euros". Mentres, sobre este acceso, --na actualidade en fase de estudio as alegacións presentadas--, dixo que "a idea" é que en 2015 "máis pronto que tarde se adxudiquen os proxectos" para iniciar "o máis pronto posible a obra".

Pola súa banda, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, instou os empresarios asistentes ao acto a "rentabilizar ao máximo" a obra do porto exterior. Ademais, definiu esta obra como o exemplo dunha "política eficaz e construtiva".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)