Actualizado: lunes, 1 septiembre 2014 14:53
av2" class="NormalTextoNoticia" itemprop="articleBody">

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 1 Sep. (EUROPA PRESS) -

   O voceiro parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, opinou este luns que o "alcance" da reforma electoral que propugna o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, "recomenda chegar a algún tipo de acordo" para a súa aprobación.

   "Porque hai unha alteración significativa do funcionamento do sistema de partidos consolidado en 30 anos de democracia e porque as eleccións están próximas", argumentou, ao ser preguntado ao respecto en rolda de prensa.

   Non obstante, no que atinxe á redución de deputados que a súa formación pretende levar a cabo en Galicia, xustificou que salga adiante unicamente cos votos do PPdeG a favor porque "non altera" os resultados.

   Así mesmo, Puy Fraga recordou que a proposta inicial do seu partido se modificou cando a oposición alertou que manter os mínimos por provincia podería afectar aos resultados, beneficiando aos populares.