Foto: EP/BNG
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 8 Feb. (EUROPA PRESS) -
A deputada e exconselleira de Vivenda, Teresa Táboas, remitiu unha carta ao voceiro nacional do BNG, Guillerme Vázquez, na que comunica a súa "intención de renunciar ao escano" que ocupa en representación da formación nacionalista.
"Dende o meu afecto e consideración, e coa petición de que a traslades aos órganos de dirección que corresponde, quero manifestarche a miña intención de renunciar ao escano que ocupo en representación do BNG no Parlamento galego", sinala na misiva remitida ao líder nacionalista, á que tivo acceso Europa Press.
(HABERÁ AMPLIACIÓN)