SANTIAGO DE COMPOSTELA 10 Mar. (EUROPA PRESS) -
O ex presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño presentou hoxe a renuncia ao seu escano de deputado no Parlamento de Galicia polo PSdeG, segundo confirmaron fontes parlamentarias.
A súa dimisión como parlamentario fíxose efectiva na segunda xornada da sesión plenaria desta semana, tras a intervención do secretario xeral do PSdeG, Manuel Vázquez, na quenda de preguntas ao presidente da Xunta.
Deste modo, a súa renuncia coincide practicamente co aniversario das eleccións do 1 de marzo de 2009 que devolveron ao PP ao Goberno galego e que levaron a Touriño a abandonar, ao día seguinte, o liderado do PSdeG.
(HABERÁ AMPLIACIÓN)