(AV) Unha xuíza imputa ao alcalde de Santiago e a Conde Roa a raíz dunha denuncia por prevaricación e acoso moral

Actualizado: martes, 22 enero 2013 20:50

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Ene. (EUROPA PRESS) -

A titular do Xulgado de Instrución número 1 de Santiago de Compostela, Ana López Suevos, imputou ao alcalde de Santiago, Ángel Currás, e ao exrexedor, Gerardo Conde Roa, ambos os dous do Partido Popular, na instrución dunha denuncia por supostos delitos de prevaricación e acoso moral.

Nas dilixencias previas abertas a raíz dunha denuncia dun funcionario da Policía Local, a maxistrada tamén imputou por estes mesmos supostos ao concelleiro de Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, e á asesora para a coordinación dos corpos de seguridade en Santiago, Mar Hinojosa, segundo recolle o auto xudicial ao que tivo acceso Europa Press.

Ángel Currás suma, así, a súa segunda imputación nunha causa xudicial, despois de que, a principios de xaneiro, fose chamado a declarar en calidade de imputado no marco da 'Operación Pokémon'.

Pola súa banda, sobre Conde Roa pesa unha causa xudicial aberta por un suposto delito de fraude fiscal ao non aboar o IVE que cobrara pola venda dunhas vivendas, o que lle obrigou dimitir da Alcaldía e deixar o bastón de mando en mans de Currás.

(HABERÁ AMPLIACIÓN)