AV.- A Xunta inxectará 2.000 millóns en 2009 para apoiar proxectos empresariais por valor de máis de 3.100 millóns

Europa Press Galicia
Actualizado: miércoles, 19 noviembre 2008 14:13

SANTIAGO DE COMPOSTELA 19 Nov. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, asegurou hoxe que o "obxectivo" de Galicia é inxectar en 2009 un financiamento de 2.000 millóns de euros que permita apoiar proxectos de inversión de empresas por valor de máis de 3.100 millóns de euros.

No marco da xornada ''Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas', o titular da Xunta detallou que, deses 2.000 millóns, a maioría --uns 1.200 millóns-- destinaranse a créditos; os avais contarán con 500 millóns; as subvencións, con 130 millóns; e as operacións de capital risco, con 120 millóns.

Nesta liña, destacou que este "obxectivo ambicioso" servirá para evitar que "ningún proxecto de investimento viable quede sen financiamento porque esta non se poida xerar". "Ese é o compromiso e o obxectivo", recalcou o máximo mandatario galego. Precisamente, apuntou que, durante o presente ano, se mobilizaron un total de 570 millóns de euros para apoiar proxectos de investimento por uns 1.500 millóns.

((HABERÁ AMPLIACIÓN))

Contenido patrocinado