os sindicatos din que non negocian recortes

A Xunta reafirma que manterá as medidas en función pública

Foto Manifa Funcionarios
Foto: EUROPA PRESS/REMITIDO

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 10 Feb. (EUROPA PRESS) -

   A reunión da mesa de negociación entre a Xunta e os sindicatos de función pública rematou sen que se producira un achegamento nas posturas. O Goberno galego reafirmou a súa decisión de non retirar o texto e os representantes dos empregados públicos responderon reclamando de novo a retirada do anteproxecto e advertindo de que non negocian "recortes".

   Durante a celebración deste encontro, que se prolongou durante case unha hora, centenares de empregados públicos concentráronse na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), onde se realizou o encontro, para protestar contra a proposta do Goberno galego, que propón, entre outras medidas, unha redución de xornada ou que non se aboe o complemento por incapacidade temporal nos primeiros 21 días, salvo en casos de accidente laboral, enfermidade profesional ou maternidade.

   A Xunta convocou os sindicatos a unha nova mesa de negociación o próximo luns, día 13, para tratar de iniciar unha negociación. "A retirada non se vai facer por parte do Goberno", afirmou o director xeral de Función Pública, José María Barreiro, que dixo que lamentaría que as organizacións que representan os traballadores non presenten alegacións.

   "Imos levar outras propostas porque entendemos que hai forma de paliar o déficit da comunidade por vía de ingresos, non pola de recortes", manifestou o representante de UGT, José Vázquez. O responsable de Función Pública, non obstante, limitou a negociación ao texto presentado.

  (HABERÁ AMPLIACIÓN)

El vídeo comenzará después de 21 segundos de publicidad.
Portal Turismo
 
la actualidad más visitada en www.europapress.es
El CICR confirma que las FARC liberarán al periodista galo el miércoles Nuevo disco de Bon Jovi a principios de 2013 Hesjedal remonta a 'Purito' y gana el Giro

www.europapress.es es el portal de actualidad y noticias de la Agencia Europa Press. Publicación digital auditada por OJD.
© 2012 Europa Press. Está expresamente prohibida la redistribución y la redifusión de todo o parte de los contenidos de esta web sin su previo y expreso consentimiento.