AVAN.- Touriño comprométese a estudar a ampliación de avais e créditos a empresas de automoción que non sexan pymes

Europa Press Galicia
Actualizado: viernes, 21 noviembre 2008 16:25

VIGO 21 Nov. (EUROPA PRESS) -

O presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, comprometeuse hoxe a "estudar" unha posible ampliación dos avais e medidas de apoio crediticias da Administración porque as axudas aprobadas polo Goberno galego para as pymes "resolven unha parte das dificultades, pero non a doutras empresas".

Así o anunciou o titular do Executivo galego, tras manter unha reunión en Vigo co director da planta viguesa de PSA Peugeot Citroën, Pierre Ianni, e co presidente do Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), Antonio Vega. Tras o devandito encontro, Vega confirmou que as medidas de tipo financeiro, como os créditos do IGAPE, "non avanzan á mesma velocidade" que as medidas sociais e que deben tomarse medidas porque a maioría de empresas do sector non son pymes.

Por outra banda, o presidente Touriño tamén anunciou que o próximo martes terá lugar en Santiago de Compostela a primeira reunión entre o ministro de Industria, Miguel Sebastián, e os responsables das Comunidades Autónomas "onde o sector da automoción ten unha forte implantación".

(HABERÁ AMPLIACIÓN)

Contenido patrocinado