Banesco emitirá bonos por 270 millóns cambiables por accións da entidade froito da fusión de Abanca e Etcheverría

Abanca, nueva marca con la que operará NCG
EUROPA PRESS
Actualizado: lunes, 22 septiembre 2014 19:17

SANTIAGO DE COMPOSTELA, 22 Sep. (EUROPA PRESS) -

Banesco realizará o próximo 1 de outubro unha emisión de bonos garantidos por importe nominal de 269,6 millóns de euros, cambiables en accións da entidade resultante da fusión entre Abanca e Banco Etcheverría (BE), unha vez leve a cabo a integración. O vencemento está establecido para o 1 de outubro de 2019.

Os bonos terán un importe nominal de 100.000 euros e emitiranse ao 100% do seu valor nominal, segundo explica a entidade este luns nun comunicado de prensa. O tipo de interese dende a data de emisión ata o 1 de outubro de 2018 será do 10% nominal anual e no último ano, e sempre que antes non se producira unha OPVA (Operación Pública de Venda autorizada), o interese será do 11%.

Os bonos poderán amortizarse anticipadamente, continúa a nota de Banesco, que explica que serán "obrigatoriamente cambiables en accións ordinarias do banco fusionado" en calquera de tres supostos.

O primeiro, sinala, é o relativo ao momento en que se produza a admisión a cotización do banco fusionado de conformidade cunha OPVA. "O número de accións a ser entregadas en troco tras unha OPVA será determinado dividindo o importe nominal do bono entre o prezo de troco na OPVA, equivalente ao 80% do prezo de OPVA", apunta.

En caso de que se produza un suposto de troco anticipado obrigatorio, os bonos serán cambiados ao prezo de troco "baseado no valor contable, equivalente ao resultado de multiplicar 0,7 polo valor contable por acción", prosegue.

Por último, en caso de que se produzan determinados supostos de incumprimento despois da fusión entre Abanca e Etcheverría, indica que "o comisario, logo de acordo de asemblea xeral de bonistas, poderá declarar que os bonos sexan cambiados ao prezo de troco pertinente" en caso de suposto de incumprimento".

A emisión estará garantida cunha garantía de primeiro rango sobre 269,6 millóns de accións de Abanca. Unha vez leve a cabo a fusión entre Abanca e Etcheverría, dita garantía cancelarase e outorgarase unha nova garantía de primeiro rango sobre accións do banco fusionado.